Xa está en máquinas o próximo número de GRIAL (202), que nesta ocasión vai dedicado á figura de Castelao: novas olladas sobre a obra gráfica, literaria e política do escritor rianxeiro.
Coincide o número coa recente conmemoración dos 70 anos da primeira publicación de "Sempre en Galiza" en Buenos Aires (Editorial As Burgas) e coa celebración o pasado mes de abril dun congreso sobre o escritor en Nova York. Algúns dos traballos que se publican na revista foron desenvoltos a partir dese encontro de especialistas: Henrique Monteagudo. Lourenzo Fernández Prieto, Álex Alonso Nogueira, Craig Petterson e César Domínguez.