Publicamos a nova novela de Xeradro AgraFoxo

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país a nova novela de Xerardo AgraFoxo, A MALETA DE VICTORIA KENT, obra que iremos presentando en nada en distintos lugares do país. O LIBRO Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase […]

Unha reflexión nova sobre a concepción do traballo na sociedade contemporánea

Xa está nas librerías o libro de José Mª Durán Medraño, 'Da natureza de escritores, artistas e vermes, obra que resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2013. que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. […]

O próximo número da revista GRIAL estará dedicado a Castelao

Xa está en máquinas o próximo número de GRIAL (202), que nesta ocasión vai dedicado á figura de Castelao: novas olladas sobre a obra gráfica, literaria e política do escritor rianxeiro. Coincide o número coa recente conmemoración dos 70 anos da primeira publicación de "Sempre en Galiza" en Buenos Aires (Editorial As Burgas) e coa […]

Volve O ACHADO DO CASTRO de Manuel Núñez Singala

'O achado do Castro' é o título dunha moi popular obra de teatro para mozas e mozos escrito hai anos por Manuel Núñez Singala e que, dende a súa saída, gozou do favor da xuventude galega. Agora, publicámola no novo deseño da colección Costa Oeste na seguridade de que vai seguir agradando a moitas xeracións […]