O PRACER DE SER MINORÍA

Categoría: Opinión

Non se trata de recrearse na derrota nin de engancharse á épica (lírica, ética, estética) do perdedor. Non vai de masoquismo, auto compaixón nin doutras leas de corte paradoxal que se nutren das zonas sombrías da alma. Non vai de resultados, puntuacións enfrontamentos, nin contendas. A minoría, vexámolo así, non se deriva necesariamente de procesos dialécticos nin se configura como resultado necesario da competencia-competición pola que se dá en falar de vencedores ou vencidos. A clave, perdoando, está en falarmos de elites (por forza de composición minoritaria, por forza o contrario ao gran número). Segundo do que esteamos a falar, nunca vén mal un medre (porcentual) nin que determinados índices experimenten (esperanzadoras) subas. Con todo e con iso, non teño nada claro a miña adscrición á raza dos lectores, poñamos por caso, se nos contásemos en números futbolísticos, televisivos ou de telefonías móbiles varias. Estou (practicamente) convencido. E a convicción medra coa escrita. Se todo o mundo escribise…

Comparte nas túas redes sociais ou por email