O novo libro-disco de Mamá Cabra Premio ao Mellor Libro Infantil 2011

Categoría: Nova

"Pola súa contribución ó achegamento da poesía aos nenos mediante a fusión do texto e a música", segundo recoñece a acta do xurado dos Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, o libro-disco de Mamá Cabra, 'Xa me tardan estes Magos' foi merecente do Premio Neira Vilas que o recoñece como o mellor libro infantil e xuvenil do ano 2011.
Na gala, celebrada no Hotel Quinta da Auga o pasado venres, acudiron os músicos e os editores do libro, quen agradeceron o premio ao tempo que lembraron que era unha aposta 'coherente coa idea fundacional de Galaxia, de facer país dende abaixo, e ver a tantas cativas e cativos cantando, en galego, estas cancións, fannos ver que estamos no camiño correcto'.
Nas imaxes, dous momentos da entrega de premios, e logo, durante a celebración posterior.

Comparte nas túas redes sociais ou por email