O neno inverno en Versos e aloumiños

Categoría: Nova

O neno inverno é o novo libro da escritora María Canosa que, a través dos 18 capítulos curtos, nos conta a historia de Alberte. Sobre esta historia de afectos, de amizade, de igualdade escribe Alba Piñeiro en Versos e aloumiños, o blog de Antonio García Teijeiro.
“é a historia dun neno albino que está acostumado a ser diferente e de  que isto provoque a mofa por parte dalgún compañeiro. Alberte, que así se chama o protagonista, é consciente das súas limitacións físicas e do especial coidado que debe pór en cada acción pois é extremadamente sensible a determinados axentes climatolóxicos, sobre todo a calor, por iso adora o inverno. Sabedor de todo isto atopa refuxio na biblioteca onde goza da tranquilidade, do silencio e da maxia da palabra escrita, ademais de saciar a súa curiosidade á vez que a ansia por aprender”, describe Alba Piñeiro.
Na recensión dise que María Canosa se vale dunha prosa clara, directa, chea de agarimo para tratar temos fundamentais para construír unha sociedade mellor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email