Daniel Asorey conversa no Zigzag sobre Nordeste

Categoría: Nova

O escritor Daniel Asorey, gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela Nordeste, estivo esta semana no programa Zigzag da Televisión de Galicia para conversar sobre esta obra que tan boa acollida está a ter.
Trátase dunha novela que se ocupa da interconexión entre Galicia-Brasil a través dunha ucrónica República galega de expansión ultramariña e da que terras coma Bahía, Río Grande do Norte e o mesmo São Paulo son colonias. O xurado destacara o día da concesión do premio a calidade estilística e a imaxinación desbordante. Asorey cre que a imaxinación non é tanta pois a historia está tecida cos díos da realidade.
Os temas como o poder, a corrupción, a liberdade ou a mulleres son centrais. O poder do masculino fronte a tres mulleres protagonistas que retratan as realidade subalternas, que siñan con mundos posibles e que critican o mundo de opresión que representan os homes.
Podedes ver a entrevista completa aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email