O becho que quería comer á avoa, en Compostela

Categoría: Nova

A colección árbore de Galaxia presenta este novo relato de Rocío Leira Catro con ilustracións de Cristina Nogales Aranda para nenos de dez anos en diante. Nesta historia coñeceremos o mundo dunha nena e dunha avoa, que é tan bonito é tan lindo, que non hai becho que se poña por diante que poida acabar con él.

Dende moi cativa, a autora comezou a escribir e a participar en diversos certames literarios nos ámbitos do relato curto e a poesía, cos que leva sido recoñecida con diversos premios literarios como son o Díaz Jácome de poesía, o Xaime Isla Couto ou o Premio de Narración Curta do Concello de Marín. No eido da novela gañou en 2012 o Premio de novela curta do Concello de Negreira e quedou dúas veces finalista do Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia. No ano 2013 publicou a súa primeria obra titulada Universo Pitágoras.

Comparte nas túas redes sociais ou por email