Homenaxe a María do Carme Kruckenberg en Vigo

Categoría: Nova

Este xoves, no Centro de Recursos Feministas, celebrarase unha homenaxe á poeta María do Carme Kruckenberg no que participará a súa biógrafa e autora do libro, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel', que publicamos na nosa editorial, Mercedes Queixas Zas.
Canda ela participan no acto Carme Panero Menor e Ángeles Ruibal.
María do Carme Kruckenberg deixábanos o pasado 16 de maio e, dende aquela, producíronse moitos actos na súa memoria. A Editorial Galaxia organizou na pasada feira do libro unha homenaxe con poetas amigas e amigos que recitaron os seus textos e coa música do grupo, que tamén compuxo sobre temas seus, Xardín Desordenado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email