Editorial Galaxia publica 'Xa me tardan estes Magos', o novo libro-disco de Mamá Cabra, ilustrado, coma o exitoso 'Ola, ola, la!', por Kristina Sabaite, un libro-disco no que, como en anteriores traballos de Mamá Cabra. Participan importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria M. Roel, vocalista do grupo e que desta volta se anima tamén a componer letras.

Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.

Dende a ligazón da dereita podes descargarte de balde a canción titulada 'Tres Reis en Bicicleta'. O agasallo perfecto para as nenas e os nenos para este Nadal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR