O escritor Manuel Rivas será investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña (UDC) a mediados do próximo mes de novembro. A súa candidatura para recibir este recoñecemento xa recibiu o visto e prace da Facultade de Filoloxía, e só resta que o vindeiro luns os compoñentes da mesa do claustro fagan o propio para oficializar a distinción.
Sen dúbida, un recoñecemento máis que merecido para un escritor de nós, internacional dende hai xa moito tempo, e que ademais fai nome grande da cidade herculina que o viu nacer alí por onde vai.
Dende a familia de Galaxia sumámonos aos moitos parabéns que, sen dúbida, esta nova vai traerlle.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR