Nova edición de 'Os outros feirantes' de Cunqueiro

Categoría: Nova

O tópico di que un clásico é un clásico porque resiste o paso do tempo. Italo Calvino engadía que un clásico é aquela obra que ten unha mensaxe para o seu tempo pero tamén para os tempos futuros. E case que hai tantas definicións posibles para "clásico" coma lectores e lectoras.
Sexa coma for, Álvaro Cunqueiro é un clásico en si mesmo, e algunhas das súas obras, máis. É o caso de 'Os outros feirantes', que estes días coñece unha nova edición xa chegando ás librerías, dentro da Biblioteca Álvaro Cunqueiro.
Nesta obra, o mestre que foi Cunqueiro, pinta, coma nos retratos urxentes que antes se facían nas feiras, unha galería de personaxes inesquecibles, todos eles retratados con esa festa de palabras gorentosas que era a prosa cunqueirán.

Comparte nas túas redes sociais ou por email