O pasado sábado representantes da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, que preside o historiador Felipe Senén López Gómez, desprazáronse ata Gres para facer entrega do premio a Xosé Neira Vilas.
Cada ano, o 18 de maio, o día despois das Letras Galegas e o día dos Museos outorgan un premio de 3.000 euros a aquelas persoas ou institucións preocupados por salvagarda da cultura e que contribuíron a normalizar, difundir, conservar ou difundir a cultura galega. Este ano foi outorgado á Fundación Xosé Neira Vilas.
O galardón entregóuselle o sábado coincidindo co seu 84 aniversario. O escritor informou que cederá os 3000 euros do premio para o financiamento da súa fundación.
Un novo galardón, dos moitos que xa atesoura, para o autor das 'Memorias dun neno labrego'.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR