A Fundación Pedrón de Ouro entregou este domingo o Pedrón de Ouro e o Pedrón de Honra a Edicións Laiovento e a Miguel Anxo Murado, respectivamente, pola súa contribución á "normalización" e "dignificación" de Galicia.
A Casa Museo de Rosalía, en Padrón (A Coruña), acolleu este domingo a entrega destes galardóns, nun acto no que o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo actuou de condutor.
A Fundación decidiu outorgar o Pedrón de Honra a Miguel Anxo Murado pola súa contribución a "dignificar e dar a coñecer o nome de Galicia nos lugares nos que desenvolve o seu labor profesional".
Nacido en Lugo en 1956, iniciouse na narrativa aos 17 anos e gañar o Premio Café de Xixón coa novela ‘Metarmofosis benezianas’ (1983) á que lle seguiron os libros de narracións breves ‘De soños e derribos’ (1986), ‘Ruído, relatos de guerra’ (1995), ‘O soño da febre’ (2007), ‘Mércores de cinza’ (1998), ademais das súas colaboracións en distintas obras colectivas.
Como poeta iniciouse con ‘Bestiario dos descontentos’ (1985), ‘Lapidario dos heterodoxos’ (1990), e ‘Lapidario’ (2004). Tamén cultivou o teatro: ‘A grande noite de Fiz’ (1994) e ‘Historias peregrinas’ (1995) e o ensaio, con ‘Luís Pimentel’ (1895-1958) <1990> ou ‘Caderno de Xapón’ (2001).