O pasado sábado, e como cada ano, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebrou a tradicional Cea das Letras nas que se deu a coñecer as obras gañadoras como as mellores do ano nas distintas categorías.
Nesta ocasión, dous libros de Editorial Galaxia resultaron escollidos polos socios e socias os mellores de entre todos os publicados o ano pasado.
Así, no apartado de Ensaio, a obra de Mercedes Queixas Zas, 'Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg', alzouse co galardón, mentres que a mellor obra de narrativa resultou ser, a xuízo dos membros da AELG, 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello.
Sen dúbida, dous máis que merecidos premios que veñen a engrandecer o noso catálogo e, sobre todo, a traxectoria literaria da autora e do autor premiado, a quen toda a familia de Galaxia amosa hoxe o seu orgullo máis grande.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR