Xa está chegando o remate do ano, unhas datas para celebrar, dedicar tempo aos demais, desconectar e, sobre todo, para conectar con nós mesmos. Algo que se fai mellor na compaña dunha boa lectura para viaxar lonxe, mergullarnos noutras historias e pensamentos.
Hai libros moi especiais, idóneos para despedir este 2020, entre os que destacamos:
Illa Decepción, Premio de Narrativa Breve Repsol 2020, de Berta Dávila:
Berta volve a sorprendernos de novo coa historia dunha memoria que rescata ao presente. Caracterizada pola súa voz inconfundible, totalmente única, ofrécenos unha novela moi persoal.
Dentro do libro, vai inserida unha postal da autoría de Berta Dávila cun código QR onde poden acceder as persoas que compren a obra e escribirlle á autora. Ela responderá cunha postal personalizada e asinada.
Que me queres, amor?, de Manuel Rivas. Edición ilustrada por Diego Estebo:
Na Editorial Galaxia celebramos o 25 aniversario da obra máis universal de Manuel Rivas, gañadora do Premio nacional de narrativa 1996 e premio Torrente 1995, cunha edición moi orixinal. O universo creativo de Diego Estebo ponse ao servizo da pluma de Rivas nesta fermosa edición ilustrada que temos a honra de publicar, dentro da colección Xohán Ledo, no noso catálogo.
O axolote e outros contos de bestas e auga, Premio de Narrativa Illa Nova 2020, de Lara Dopazo Ruibal:
A gañadora do Premio Illa Nova 2020, Lara Dopazo Ruibal, escribiu, nesta novela, unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural.
A través dunha prosa de grande altura estética, introdúcenos noutras atmósferas, conmovendo ás lectoras e lectoras en cada relado. Imprescindible.
O estado intermedio, de Rexina Vega:
En palabras da autora, este libro é a búsqueda dun diálogo cos mortos, unha tentativa de buscar na memoria dos mortos. Todo debe arder. Por iso, hai que ter claro o pasado.
Corazón de manteiga, de Xavier Queipo:
Xavier Queipo conta nesta novela a historia dunha vida marcada pola diferenza. O autor ofrécenos unha viaxe ao corazón de Mauro, o protagonista desta historia.
Benvidos á cidade, de Xurxo Sierra Veloso:
Atopámonos ante un libro diferente que, dunha maneira moi singular, introduce o universo ecoloxista. Un comando de liberación animal entra na granxa para liberar milleiros de visóns americanos que chegarán ás rúas, ateigadas de xente que está a festexar a primavera. Non sospeitan o que está a piques de acontecer… Queredes saber como segue a historia? Non perdades a oportunidade de lela!
Enchamos de maxia os nosos fogares co pracer da lectura!