Masterclass da Escola de Letras con Anna R. Figueiredo

Categoría: Nova

O día 20 de xaneiro, ás 19 h, celebraremos unha Masterclass da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e da Editorial Galaxia, coa escritora e docente Anna R. Figueiredo, que leva por título: Escribir a primeira novela.
Será a través de Google Meet, en aberto, para todas as persoas que queiran participar.
Poderedes acceder a través da seguinte ligazón: https://meet.google.com/wcw-tsps-ant
A Masterclass Escribir a primeira novela é unha conversa sobre a experiencia de escribir e publicar a primeira novela. Para escribir unha novela, parece obvio, o que precisamos é sentar a escribir, mais quen pode escribir unha primeira novela? Cando se pode facer? Hai unha idade para escribir unha novela? Debería recurrir a cursos de escritura? Cales son os primeiros pasos para escribir unha novela? Cales son os primeiros fracasos escribindo a primeira novela? Cantas veces se pode escribir a primeira novela? E agora que está escrita… que facer con ela?
A través de intervencións, imaxes e algún xogo relacionado coa literatura galega e a cultura audiovisual artellaranse respostas a estas preguntas, eternas e complexas entre a relatora e os participantes.
Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979) é profesora de física e tecnoloxía no ensino secundario. Licenciada en Física pola USC, viviu durante 5 anos a cabalo entre Gran Bretaña e Santiago de compostela. Doutorouse na Universidade de Sheffield coa defensada tese: The structure of all-polymer field effect transistors (O efecto da estrutura nos transistores poliméricos de efecto campo). No eido literario recibiu premios como o de Relato Curto de Mugardo (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Colaborou tamén en banda deseñada a través de BD Banda (2008) e na publicación trimestral Contos estaños (2012) Os Bicos feridos (Premio Viadutos de Novela 2018) é a súa primeira novela. Se queres conversar con ela pódela atopar en Facebook, Twitter e Instragram: @theweeraven

Comparte nas túas redes sociais ou por email