Arantza Portabales publica unha nova novela en primavera

Categoría: Nova

Esta primavera publicaremos o novo libro de Arantza Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas. Abad e Barroso, a parella de policías que coñecimos en Beleza vermella volven nesta nova entrega para gozo dos milleiros de lectores que Portabales xa atesoura no seu haber.
Trázase sobre a mesa un novo enigma que ocupará a mente do clan policial. Un novo caso obrigará a Abad e Barroso a percorrer  as rúas de Compostela para resolver un misterio. A capital de Galicia é a escollida para protagonizar esta historia sobre a que Portabales fai un exercicio de talento e paixón ao compartir con todas e todos nós a súa escrita.
Arantza defende que a literatura serve para amosar o que pasa no mundo e así o fai ela a través dos seus libros, que son todo un agasallo para as lectoras e lectores. Unha mestura de realidade e ficción que sempre descoloca ao que está ao outro lado da páxina. Cal será a trama para esta nova historia? Que misterios agochará a senlleira cidade de Santiago? En primavera descubriremos a verdade.
Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) Filla de emigrantes galegos, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. Participou en libros colectivos como 40 plumas e pico, As palabras contadas, Lecturas d’Espagne, volume 2, Purorrelato de Casa África, volume 2 e Escribo 3. Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com.es/. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: A Celeste la comprá en un rastrillo. Na Editorial Galaxia publicou Sobrevivindo (Galaxia 2015), XV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) e Beleza vermella (2018)
Regularmente escribe microficción en http://unanubedehistorias.blogspot.com

Comparte nas túas redes sociais ou por email