María Solar recolleu o Premio Lazarillo en Madrid

Categoría: Nova

A escritora María Solar, que hai un par de semanas era recoñecida co Premio Lazarillo de Creación Literaria pola súa obra 'O meu pesadelo favorito' que Galaxia publicará, ilustrado por María Lires, no primeiro trimestre de 2015 na súa colección Árbore, recibiu o pasado sábado, dentro dos actos do Salón do Libro, o galardón en compañía de Maite Mutuberria, gañadora na categoría de ilustración, Sara Moreno, copresidenta da OEPLI, e María Teresa Lizaranzu, Directora general de Política e Industrias Culturales y del Libro, del Ministerio de Cultura.

No noso blogue deixamos unha galería de fotos da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email