Bo Nadal

Velaquí queda a nosa felicitación de Nadal. Que é moi simple e, precisamente por iso, profunda. Desexámosvos un Bo Nadal en paz. Que os tempos sexan mainos, que poidamos respirar, falar con calma, escoitarnos, que se nos escoite. Que os ritmos sexan delongados para poder gorentar as boas historias que viven nos libros, as músicas […]

Espantallo amigo en Santiago

Durante as vacacións escolares que acaban de comezar, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia ofrece en Compostela un espectáculo para público familiar: a obra de teatro Espantallo Amigo, interpretada por Os Quinquilláns, nunha acción en colaboración coa Editorial Galaxia. A trama, creada por Xosé Neira Vilas, está contada na versión teatral de […]

No Nadal, música e teatro infantil a moreas

As vacacións escolares de Nadal cómpre enchelas de actividades cos nosos pequenos e pequenas. Entre outras cousas, porque non todo vai ser a festa consumista á que a publicidade nos ten afeitos. Por iso, a Editorial Galaxia ofrece un mollo de actividades relacionadas con algúns dos produtos musicais e teatrais pensados para os máis pequenos, […]

'Toc Toc' de Pablo Díaz, Premio Martín Códax de Música Infantil 2014

O libro-disco de Pablo Díaz, 'Toc toc' alzouse a semana pasada co Premio da Música Martín Códax na categoría de Música Infantil. O seu traballo, publicado na colección Sonárbore impúxose aos outros dous finalistas, 'Te. chocolate, café' de Golfiños e 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú' da familia María Fumaça. Este traballo de Pablo Díaz, ilustrado por […]

Presentación do novo libro de María do Cebreiro en Santiago

A escritora María do Cebreiro presentará a súa nova obra, o poemario OS INOCENTES, mañá venres na librería Lilith acompañada por Margarita García Candeira. A AUTORA: María do Cebreiro (Compostela, 1976) é escritora e crítica literaria. En 2002 conseguiu o Premio de Investigación Dámaso Alonso coa obra As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. […]

Presentación do novo libro de Benigno Campos na Coruña

Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en Galicia en todos os tempos. Parte do éxito pode explicarse nas palabras de Xavier Castro, experto en cociña galega e autor do limiar do libro: "A culinaria do larpeiro caracterízase polo emprego preferente de produtos galegos de calidade, frescos, […]

ENTREGA DO PREMIO GARCÍA BARROS E CEA LITERARIA

O venres, día 12 de decembro, entregouse na Estrada o Premio García Barros ao escritor Alberto Ramos pola súa novela Máscaras rotas para Sebastian Nell, publicado por Editorial Galaxia. Posteriormente, celebrouse unha Cea Literaria cun coloquio na sobremesa no que se debateu arredor do tema "A subxectividade como protagonista da novela: o punto de vista […]

Xiqui Xoque, Fiú Fiú! en Vigo

Este luns ás 18 horas no Auditorio de Vigo, o tren da ledicia de María Fumaça estreará o seu musical titulado 'Xiqui Xoque, Fiú Fiú' no Auditorio Mar de Vigo. Un espectáculo que a partir dunha escenografía de P. Pastor, ilustrador tamén do libro-disco editado en Galaxia que lle dá nome, quere facernos ver que […]