Manuel Portas e Francisco Castro presentan as súas novas novelas este venres

Categoría: Nova

Os novelistas Manuel Portas e Francisco Castro protagonizarán a actualidade literaria de mañá venres ao presentar as súas novas novelas, LOURENÇO, XOGRAR e AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Sigüeiro e na Coruña, respectivamente.
Así, Manuel Portas estará ás 20.30 horas no Centro Cultural Casas e Novoa nun acto organizado pola Asociación Cultural Troula e a Editorial Galaxia. O autor estará acompañado por Isabel Fernández e Ana González.
Por outra banda, ás 20 horas, Francisco Castro estará na librería coruñesa Moito Conto na compaña da escritora Beatriz Maceda Abeleira e do director literario de Galaxia, Carlos Lema.

Comparte nas túas redes sociais ou por email