Luís Gonzalez Tosar ingresa na Academia Arxentina das Letras

Categoría: Nova

O pasado xoves celebrouse o ingreso de Luís Gonzalez Tosar como académico correspondente na Academia Arxentina das Letras, un dos actos máis importantes da Feria Internacional del Libro de Buenos Aires neste ano no que Santiago de Compostela é a cidade convidada e na que ten tanto protagonismo a literatura galega. O poeta estivo acompañado, entre outros, polo presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e máis o presidente do Consello Da Cultura Galega, Ramón Villares. Todo un acontecemento, que consagra tamén alén do Atlántico a un dos nosos poetas máis sobranceiros

Comparte nas túas redes sociais ou por email