Ler os libros dende a web

Categoría: Nova

Como anunciamos cando iniciamos o proceso de colaboración con Google, de cara a poñer todo o noso catálogo accesible dende o servizo de 'Google Books', xa é posible, dende primeiros de agosto, ler boa parte dos libros do noso catálogo sen deixar en ningún instante a navegación pola nosa web. Así, a diferencia doutras páxinas nas que hai que abandoar o 'site' no que aparece o libro, para desprazarse ao de Google, con esta nova aplicación conseguimos que, unha vez vistas e lidas as páxinas desexadas, o internauta volva á nosa web por se é do seu agrado consultar un novo texto.
Desta maneira, calquera internauta que estea a navegar pola nosa web e que queira acceder á lectura dunha parte moi significativa dun libro que teñamos subido a 'Google Books', atopará debaixo do título un botón de 'Vista Previa'. Ao premelo, abriráselle unha nova fiestra dende a que accederá ao libro para, como se nunha librería estivera, follealo de vagar e facerse, así, unha idea máis completa do seu contido.
Daquela, a visita virtual á librería e aos nosos textos máis apetecidos, aparécese como máis doada e accesible.

Comparte nas túas redes sociais ou por email