Inquedante creatividade

Categoría: Opinión

Segundo Arthur C. Clarke a natureza, o universo, copia todas as creacións que imaxinamos os seres humanos. Sen chegar a tomar esta afirmación ao pé da letra, o seu pensamento é sen dúbida motivo de reflexión.
Hai algún tempo aconteceume algo bastante inquiedante que me deu moito que pensar arredor do “momento creativo”, ese fascinante instante máxico no que quen xeramos algunha clase de idea coa ilusión de plasmala dalgún xeito, experimentamos algunha vez.
Nunca sabemos canto dura ese “instante máxico” porque ata o tempo parece esvaecerse e non poderiamos afirmar con certeza canto durou ese transo. Podería dicirse que é fugaz coma se un chispazo de enerxía fixese conexión entre unha idea quizais oculta por anos e un acontecemento quizais mínimo, pero recentemente xerado.
Xa sexa que sexamos capaces de concibir algo mediante a palabra ou por medio das mans, ao crear un rostro ou describilo a tal punto que ata seriamos capaces de velo, somos posuídos por algún tipo de emoción que nos leva prendados dunha ilusión namoradeira cara a algún estraño sitio de onde “probablemente” se extraían uns datos.
Sempre me preguntei de que lugar saían os rostros que eu creaba en arxila ou que describía nos meus contos, se os vería algunha vez, se existirían esas supostas “persoas” ou existirían nalgún momento da historia.
A resposta tivena a bordo dun avión, cando unha persoa de mediana idade se parou ao meu lado xusto antes de que erguésemos voo.
Encontrei a ese home extremadamente familiar, a punto tal que pensei que o coñecía dalgún sitio. Estaba vestido cun discreto traxe de liño beige, de xeito que todo o que resaltaba nel era o seu rostro. Un rostro absolutamente investigado por min, uns xestos absolutamente coñecidos…. Cal foi a miña sorpresa ao conectar na miña memoria a través dunha especie de chispazo cun recordo vívido da miña relación con ese ser, con ese rostro…
Era nin máis nin menos que o dunha pequena escultura que fixera un ano antes, que formaba parte dunha serie de 4 e a que chamei no seu momento “POP”. E este señor sen dúbida ningunha era “POP 2”…

Comparte nas túas redes sociais ou por email