A escritora Inma López Silva recibiu este sábado o premio de 'Creación Literaria' da Fundación Ínsua dos Poetas pola súa "creatividade acorde ás correntes máis avanzadas da vangarda na escritura", a súa "fidelidade á lingua propia de Galicia" e a súa "defensa do medio e da liberdade de expresión".
"Con estes principios Inma López Silva demostrou un compromiso permanente e constante, ao que debemos engadir o seu traballo e voz crítica e clara, como muller, para contribuír a unha maior presenza das escritoras galegas nas institucións e en todos os segmentos da nosa sociedade", sinala a acta da concesión destes galardóns.
Un galardón máis que merecido logo de 20 anos de carreira literaria.