Homenaxe aos represaliados do franquismo

Categoría: Nova

O domingo 17 de xullo, na Casa Grande de Cima de Vila en Trasalba, celebrouse un emotivo acto literario e musical cadrando co 80 aniversario do levantamento militar que había dar lugar a Guerra Civil española.
O acto, organizado polo Concello de Amoeiro, a Real Academia Galega e a Fundación Otero Pedrayo contou coa presenza de Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Dolores Vilaverda, Henrique Monteagudo, María Xosé Queizán, Anik Nandi, Helena Villar Janeiro, María do Cebreiro, Afonso Vázquez Monxardín, Gregorio Ferreiro, Luis G. Tosar e outros intelectuais galegos.
Lembraron as figuras de Castelao, Blanco Amor, Albino Nùñez e o propio Otero Pedrayo. O grupo Tundal interpretou dous romances protagonizados por vítimas da represión. A xornada rematou cun tríptico poético a cargo de Carme Blanco, Clodomiro Montero e Patricia A. Chachero.
No noso blogue deixamos crónica fotográfica da xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email