No mes no que se cumpre o centenario do seu nacemento, a exposición ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’ realiza un percorrido pola vida e a figura dun dos membros fundadores da Editorial Galaxia.
Xunto coa exposición, o programa de actividades tamén inclúe outras iniciativas como a fotobiografía ‘Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia’, editada por Galaxia.
Membro da Real Academia Galega, avogado, ensaísta e catedrático de universidade, Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1915 – Vigo, 25 de abril de 2012) foi un dos persoeiros fundamentais no galeguismo político, cultural e económico do século XX. Fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, liderou, xunto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, en 1950, a creación da Editorial Galaxia. Tamén promoveu a editora SEPT e dirixiu a ‘Revista de Economía de Galicia’ e a ‘Revista Galega de Estudos Agrarios’. Polo seu labor recibiu distinguidos recoñecementos, como a Medalla Castelao (1987), o Premio Trasalba (1992) e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela (2001).
No noso blogue deixamos unha completa galería de imaxes da xornada.