Inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”, en Tomiño

Categoría: Nova

O venres 31 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no Espazo Isaura Gómez, en Tomiño, a inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”.

Unha mostra comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; organizada pola Fundación Penzol e a Cátedra Institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Tomiño, que recolle cronoloxicamente a actividade literaria e política do escritor desde os primeiros artigos publicados no desterro extremeño ata a fundación do Consello de Galiza en 1944, do que foi primeiro presidente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email