Inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”, en Tomiño

O venres 31 de outubro, celebrarase, ás 20 h, no Espazo Isaura Gómez, en Tomiño, a inauguración da exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza (1934-1944)”. Unha mostra comisariada por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; organizada pola Fundación Penzol e a Cátedra Institucional Castelao da Universidade de Santiago de Compostela […]