Xa temos nos nosos almacéns Nailía, de Loli Rodríguez Rodríguez, obra gañadora do Premio Torrente Ballester 2024; unha historia de mulleres que brillan mesmo na escuridade.
Nailía é unha historia de historias; de amor, desamor e rancor, de superación, esperanza e perdón. A través da voz de Lía, nai, av oa e coidadora, a autora condúcenos por un universo de mulleres diferentes, personaxes vulnerables e entrañables que loitan por atopar luz na escuridade.
O xurado do premio destacou a boa narración e a axilidade da lectura, nunha novela clásica na forma pero moi actual no tratamento dos temas, así como a rica representación de mulleres diversas, o uso das imaxes poéticas e o manexo dos diálogos.
Loli Rodríguez Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Abandonou esa profesión para pórse á fronte dunha librería-papelería durante preto de vinte anos. Na actualidade traballa como celadora no hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2023 publicou a súa primeira novela, Os nomes de Val.