Hoxe celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Categoría: Blog

Hoxe, 25 de novembro, celebrase, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que debemos reivindicar cada día, pois é unha responsabilidade individual e colectiva conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres.
Son moitas e moi variadas as maneiras nas que a violencia machista exerce o poder contra as mulleres que, dende moi cativas, interiorizan as diferenzas de xénero no seu maxín. Esta é unha lacra patriarcal que se introduce e difumina en todos os ámbitos da nosa vida.
A violencia de xénero debe deterse e previrse, dende as idades máis temperás; os estereotipos de xénero asúmense dende moi temprana idade, condicionando o crecemento, as ideas, e por tanto, as posibilidades das máis cativas. Precisamos ser conscientes do reto que supón para as nenas, xa a tan corta idade, ter asumidas estas diferenzas de xénero e loitar, a través da cultura e da palabra, por conseguir un mundo diferente.
Debemos estar moi espertas e espertos para combatir estas diferenzas, a través da educación, os actos e as nosas propias decisións. Dende as nosas accións individuais podemos marcar a diferenza, pero tamén é precisa a complicidade dos sectores públicos, sanitarios e sociais.
Loitemos xuntas por un mundo en igualdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email