Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

Categoría: Nova

A plataforma cidadá ProLingua organiza este sábado a Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz en Vigo.
O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). A seguir haberá un xantar programado para as 15:00 no Restaurante Carrís de Vigo ( Avda. Beiramar, 57).
Sen dúbida, será unha boa ocasión para homenaxear a un dos nosos autores de Literatura Infantil e Xuvenil, escritor sen o cal é imposible entender moita da auxe que a nosa LIX conseguiu nas últimas décadas.
Para a volta do verán, Galaxia porá nas librerías unha nova versión, ampliada, do libro de Agustín Fernández Paz, 'Zeralda e o dragón' que xa vira a luz hai décadas na extinta colección Chalupa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email