Homenaxe a Rosalía de Castro en Bos Aires

Categoría: Nova

Os versos de Rosalía alumeaban as árbores da praza. A artista plástica Luz Darriba fixo unha montaxe arredor da poeta galega e a súa obra, no marco do Día Internacional do Libro (23 de abril) nun dos corazóns literarios da capital arxentina, a praza do Lector, diante da Biblioteca Nacional.

Ao acto asistiron editores, libreiros e persoas vencelladas á cultura galega e arxentina, ademais de autoridades da colectividade e da Xunta de Galicia, entre elas o director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López.

Comparte nas túas redes sociais ou por email