Homenaxe a Marilar Aleixandre da AELG

Categoría: Nova

Esta edición fará a número 16 desta homenaxe que conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de década e media como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora (abruñeiro), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do nome do homenaxeado/a a un espazo público.
O acto péchase cun xantar de confraternidade que terá lugar no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela.

Comparte nas túas redes sociais ou por email