Héctor Lorenzo actúa en Ourense

Categoría: Nova

O músico Héctor Lorenzo, na compaña de Santi Cribeiro, actúa ás 21 horas no Liceo de Ourense cun RECITAL MÚSICO-POÉTICO CON VERSOS DE DÍAZ CASTRO E OUTROS POETAS GALEGOS.
O concerto 'Un paso (sempre) adiante' dos músicos Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro, ofrece temas musicados polo primeiros con varios poemas do autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro, así como outras de autores como Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Celso E. Ferreiro, X. M. Álvarez Blázquez e Rosalía de Castro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email