Onte na Fundación Gonzalo Torrente Ballester tivo lugar a presentación deste número 183 da revista Grial, nun acto que contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Dolores Vilavedra e Carlos Fernández, coordinadores do número e Basilio Lourenço, ensaísta.
Baixo o título "Entre os anxos e os mortos. Lembrando a Rei Ballesteros", a revista GRIAL dedica este número a un dos escritores máis representativos da narrativa galega contemporánea, recentemente falecido (outubro de 2008). A publicación de Dos anxos e dos mortos en 1977 considérase un dos fitos de referencia da nova xeración de narradores que comenza a expresarse a partir de 1975 e 1980, no novo tempo de creación, expresión e pensamento que se inaugura coas liberdades democráticas.
Editorial Galaxia vén de publicar tamén unha novela póstuma: A noite do moucho, coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.