González Tosar na Academia Arxentina das Letras

Categoría: Nova

Luis González Tosar (Buenos Aires, 1952) vén de ser nomeado membro correspondente da Academia Arxentina das Letras. A institución, que preside José Luis Moure, acordou por unanimidade incorporar ao escritor arxentino-galego á nómina de académicos como representante das letras de Galicia, salientando o seu vencello coa realidade cultural arxentina. Recentemente, en abril de 2014, foi nomeado "Huesped de Honor" da cidade de Buenos Aires por decisión da lexislatura desta capital, a proposta da deputada comunal María Amelia Alonso,
O poeta González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, é autor de títulos de referencia como "A caneiro cheo" (1986), "Remol das travesias" (1989), "Madeira do meu canto" (1998) ou "Estúrdiga memoria" (2008), entre outros. En narrativa publicou "Estación marítima" (1996) e, máis recentemente, como crítico vén de recuperar a obra do poeta e diplámtico arxentino de ascendencia galega Francisco Luis Bernárdez (Buenos Aires, 1900-1978). Tamén editou a Blanco Amor, Ramon Otero Pedrayo, Díaz Castro, Ramón Simoza Barros e unha importante escolma da poesía brasileira.

Comparte nas túas redes sociais ou por email