A Esmorga, a gran triunfadora do festival de Toulouse

Categoría: Nova

A Esmorga volve para Galiza con novos premios ás súas costas. E é que a película de Ignacio Vilar vén de trunfar na vixésimo edición do festival de Toulouse ao facerse co premio ao mellor director, á mellor interpretación masculina –premio partillado entre Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira- e á mellor fotografía a Diego Romero Suárez. Na gala de clausura, que tivo lugar onte, a fita que leva ao cine a novela de Eduardo Blanco Amor resultou a máis galardoada, ao facerse con estes tres premios.

Podedes ler a noticia completa en Sermos Galiza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email