Galicia, unha economía europea

Categoría: Nova

Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esenciais a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco e Santiago Lago Peñas, ambos os dous profesores de Economía na Universidade de Vigo e analistas na prensa diaria.
Neste libro, concibido desde un punto de vista divulgativo, achéganse un feixe de propostas arredor da Unión Europea. Despois de vinte anos de integración no espazo económico europeo, urxe un traballo de revisión de estratexias públicas e privadas para equiparar o tecido produtivo galego á media europea.
Así, en "Galicia, unha economía europea" faise unha análise polo miúdo das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da economía galega na actualidade, tras máis de vinte anos de integración no espazo económico europeo. Luces e sombras que amosan un tecido produtivo que se transformou radicalmente mais que aínda non abonda para achegar a Galicia ás medias española e europea en benestar socioeconómico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email