Hoxe comeza a Feira do Libro de Rianxo, a novena nesta nova edición, que estará aberta ata o 27 de xullo. Celebrarase na Praza de Castelao.
Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación:
Sábado 27 de xullo, ás 19:30 h. Espectáculo infantil con Pakolas arredor de A Ramona pequena vai á Lúa.
Un álbum publicado na colección Sonárbore que conta a historia da Ramona pequena. Unha aventura rockeira fantástica.
O LibroQR que recolle o conto da pequena Ramona Órbita, e as letras das 10 novas cancións de Pakolas, conta ademais cunhas fermosas ilustracións de Laura Romero, que de seguro farán as delicias dos máis cativos.
Ás 20:30 h. Presentación de Historias de Barbantia. 17 relatos de autoras e autores do Barbanza, de VVAA.
No acto, participarán a escritora Marina Losada Vicente, e os escritores Óscar Reboiras, Xosé Ricardo Losada, e Manuel Cartea.
Publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte.
Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: “Un para todos…”, armados de luz e palabra.
Vémonos, entre libros!