Feliz 2016

Categoría: Nova

No planeta Terra hai millóns de seres humanos, e centos de culturas e milleiros de linguas. No planeta Terra, pois, están as marcas da Historia. Un camiño común feito entre todos, ás veces, sen sabermos uns da existencia dos outros.
Nesa xeira, nós, as galegas e galegos, fixemos tamén un camiño. E seguimos nel.
Que o 2016 serva para permitirnos seguir camiñando, da man, con nós e co resto de todas e de todos os que estamos debaixo das estrelas, alumeados feblemente. Pero desexosos de luz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email