Feliz 2012

Categoría: Nova

O tópico di que o que cómpre desexarlle a todos os amigos e amigas para o ano que está a piques de entrar é felicidade. Daquela, dende a Editorial Galaxia imos cumprir co tópico: que o ano 2012 veña cheo de felicidade, que vos chegue toda a eito, que non falte nin un miligramo de ledicia nas vosas vidas.
Para a consecución desa felicidade resultan esenciais os soños, alimentados, dende sempre, polas boas historias. Moitas delas, sabémolo, viven nos libros.
Para nós, isto é o que importa agora que se anuncian recurtes e limitacións por todas partes: ninguén vai poder recurtar a capacidade para soñar, as ganas de inventar fantasías. Elas, póñennos preto da felicidade.
Así pois, sigamos alimentándonos, neste novo ano que en nada comeza, de libros e de soños e de historias e de esperanza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email