Unha obra para informar e formar, que non pode faltar en calquera biblioteca galega por ser:
1. A historia ou memorias dun neno galego de posguerra, mozo rebelde nos anos 60, xornalista de recoñecido prestixio internacional, activo e necesario na transición democrática, escarnecido por "La bomba" dun desbocado grupo terrorista.
2. Estar escrita coa amenidade de quen fala co lector, con intriga e misterio, na procura da identidade de heroes pola Liberdade e a tolerancia
3. Rescatada Historia contemporánea de Galiza a piques de esquecerse. Un capítulo necesario e en moitos aspectos inédito da nosa memoria histórica.
4. Poucas veces se re-trata as mulleres coa dignidade que lles corresponde por ser as protagonistas nunha verdadeira selva, tamén humana.
5. Roteiro entre paisaxes e paisanaxes da Gallaecia que foi reino de León: o Sil, Trevinca, o Bierzo, Sanabria, Tras os Montes, Porto, Ourense….
6. Lección necesaria para hoxe, de obrigada lectura para recobrar memoria, para todos e para a Historia das Mulleres: o encontro, o diálogo, a tolerancia, a liberdade e a Paz