Co gallo do centenario da creación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE), o Consejo Superior de Investigaciones Científicas-Delegación Galicia organiza a exposición REDES DE COÑECEMENTO. A Junta para Ampliación de Estudios e a Ciencia en Galicia, que reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita dun proxecto de actualización da ciencia contemporánea na nosa Terra.
O pasado 22 de novembro abría as súas portas na Coruña, primeira etapa dunha viaxe que a rematará en Santiago de Compostela, patrocinada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Coordinación Institucional Galicia, e a Fundación Caixa Galicia, e producida por Merlín Comunicación.
A exposición reconstrúe os momentos decisivos da creación, consolidación e desfeita do que foi o proxecto máis importante proxecto de actualización da ciencia contemporánea en Galicia. O visitante poderá acceder, nos seus dez módulos, a información relevante, xenerosamente ilustrada, sobre personaxes e institucións, así como ter a oportunidade de observar pezas de considerable valor documental.
A exposición REDES DE COÑECEMENTO está comisariada por Xosé Antonio Fraga e coordinada por Rafael Sisto Edreira, contando coa colaboración de coñecidos expertos na historia da ciencia e da técnica en Galicia. Permanecerá aberta na Estación Marítima de Vigo ata o 7 de febreiro no seguinte horario: de luns a sábados, de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h; Domingos e festivos, de 11:00h a 14:00h. Posteriormente será trasladada a Santiago de Compostela onde rematará a súa itinerancia.