Estreamos o booktrailer de ESTAMOS NO VERÁN!!!

Categoría: Nova

O pasado venres remataron as clases en toda Galicia e serán milleiros de nenos e de nenas os que comezaron, ainda que segundo o calendario non sexa tempo, o seu particular verán.
Para nós foi o día de presentar o booktrailer, un petisco de menos dun minuto que dá boa conta da forza, vitalidade e enerxía que se agocha neste proxecto literario e musical que naceu do talento de Charo Pita e Xoán Curiel.
Só tes que clicar na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email