Un completísimo programa que podes descargar na ligazón á dereita destas liñas, conforma segundo Outlet do Libro Galego que terá lugar entre o 21 e o 29 de xullo en Pontevedra, contando coa colaboración do Concello e de dúas librerías da cidade. A iniciativa encrávase dentro da estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente na organización de espazos singulares de venda de libros a prezos de crise. A actividade representa tamén unha segunda oportunidade para títulos e autores que foron reemprezados polas novidades editoriais e que xa non forman parte dos escaparates e andeis das librerías galegas.
Concertos de jazz, sesións de contacontos, conferencias, maxia… todo un mollo de actividades para unha cita arredor do libro que vai ser, de certo, seguida por interese por todas e todos os que amamos o libro galego.
A Asociación Galega de Editores contempla a organización doutros espazos semellantes noutras vilas e cidades de Galicia, ao longo do ano. As actividades formarán parte do programa tradicional lúdico festivo das localidades implicadas e serán os libreiros os que vendan os libros.
Esta segunda edición do Outlet do Libro Galego celebrarase no Café Moderno de Pontevedra, e supón unha boa oportunidade de facerse con bos libros de todas as temáticas (narrativa, ensaio, libro infantil e xuvenil, viaxes, música, gastronomía, viaxes, deportes, etc.), a un prezo realmente baixo.