Encontro literario con Anxos Sumai en Oleiros

Categoría: Nova

O luns, 2 de xuño, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro sita nas Torres de Santa Cruz terá lugar o encontro literario coa autora Anxos Sumai para falar do seu libro "Así nacen as baleas" que se leu nas Tertulias literarias da biblioteca e presentará a súa última obra "A lúa da colleita", publicada pola editorial Galaxia. Premio da Crítica na modalidade de narrativa galega 2014, XXV Premio García Barros de novela 2013, Premio da Narrativa AELG 2014 e Premio Fervenzas Literarias Mellor Portada Adultos 2013.
Con "Así nacen as baleas", a escritora Anxos Sumai obtivo o Premio Repsol YPF do ano 2007. Trátase dunha obra que conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller. Unha novela na que sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e biografía estouran a través dunha maneira de narrar que descobre un mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email