Esta fin de semana vai ser intensa en actos da nosa Editorial.
Por unha banda, continuará adiante a Semana de Música Infantil que produce Galaxia. Así, o venres, sempre ás 19 horas, recibiremos a visita de Xoán Curiel para desenvoler o espectáculo ESTAMOS NO VERÁN!!!; o sábado, a familia María Fumaça encherá a carpa da Alameda coa súa festa musical e alegría de vivir con XIQUI, XOQUE, FIÚ FIÚ!; o ciclo rematará o domingo con Paco Nogueiras con BRINCA VAI (Kalandraka).
No plano literario, o venres ás 19 horas, celebrarase unha mes redonda arredor de Díaz Castro, na que participarán Armando Requeixo, Luís González Tosar e o director xeral de Galaxia, Victor F. Freixanes. Logo, ás 20 horas presentaremos O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN, de Berta Dávila, quen estará acompañada polo escritor Xosé Monteagudo e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema.
Xa que logo, unha interesante oferta na que non faltan actividades para todos os gustos.