Unha historia de Ángeles Goás, ilustrada por Leandro Lamas.
Publicada na colección Álbum de Editorial Galaxia, O asubío do avó amosa o amor dun neto polo seu avó. Un avó que posúe unha particularidade especial, o seu fabuloso asubío.
“…levaba música dentro, por iso o seu asubío era o mellor do mundo”. Unha historia sensorial que nos achega ao verdadeiramente importante na vida.
Achegádevos a esta fermosa viaxe descubride os segredos que gardan estas páxinas, cheas de cor e lecidia. Poesía visual que tamén vibra como a música que todas e todos levamos dentro.
E vós, sabedes a que soa o voso asubío?
Ángeles Goás nace en Abadín en 1972. É Licenciada en Psicoloxía e Mestra Especialista en Educación Infantil e Audición e Linguaxe. Goza da vida a través da docencia, da narración oral e da pintura, actividades que, para ela, se complementan e, dalgún xeito, teñen que ver con contarse e contar a vida. Este seu primeiro paso no mundo literario quere ser unha peza mais no medio da súa maneira de expresar e relatar.