O Igrexario de Loureiro é un dos lugares fundamentais presentes en Dúas Letras, micromundo onde se esperan cartas que non dan chegado como se espera polo osíxeno para respirar.
Mañá, e precisamente nesa localidade, proxectarase Dúas Letras, ao tempo que se presenta o libro escrito por Fina Casalderrey sobre o guión que serviu para facer a película de Eloy Varela.
Unha oportunidade para ver en imaxes esta historia de emigración, amor e esperanza que recrea a dureza da emigración e da Galicia que aquí tiñamos nos anos 50 do século pasado.