Domingo Villar e Xesús Fraga, as grandes vendas do Nadal

Categoría: Nova

Rematado o ciclo comercial do Nadal é momento de facer balance das vendas. Con moita diferencia, os libros preferidos polas lectoras e lectores do noso país, segundo os datos recopilados en distintas librarías e polo que consta nas nosas bases de datos, confirman que Algúns contos completos, de Domingo Villar, e Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, foron os dous grandes éxitos da tempada. O dato non é sorprendente na medida en que ambos os títulos, dende que saíron hai meses, se convertiron en favoritos das lectoras e lectores e da crítica galega, polo que foron, tamén, o agasallo perfecto para estes días nos que houbo libros debaixo das árbores.
Dous títulos que están chamados, neste 2022, a seguir colleitando éxitos e incrementar o seu número de lectoras e lectores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email